10ª Liga de verán (2025)
Período para inscribirse: ata o 30 de abril.
Custo: 31€. Inclúe camisola e a participación na liga de verán (8 de maio-6 de agosto), na copa (agosto-setembro) e no torneo de dobres (agosto-setembro).
Inicio da competición: 8 de maio.
Período de xogo: 8 de maio - 6 de agosto
Categorías:
TRES divisións en categoría masculina (16 xogadores máximo -estrutúrase por nivel, non por idade-). Na terceira división haberá xente con pouca experiencia, polo que non é motivo para non xogar.
UNHA/DÚAS divisións en categoría feminina (16 xogadoras máximo por categoría). A idea é que unha sexa para iniciación e outra para persoas que xa teñan máis experiencia. Se non tes experiencia non pasa nada, non deixes de inscribirte por iso, hai máis xente na mesma situación.
Idade: a partir de 18 anos.
Contacto: 654 912427 (Iván) / 647 879072 (Javi) / 644707454 (móbil do club, só atende Whatsapp).