Normativa
A xestora das instalacións de Monte Baldío e a SCD Raxó, na que o Club de tenis Raxó colabora no que respecta as reservas das pistas de tenis.
Para facer unha reserva debes estar rexistrado/a. Cando te rexistres poderás estar nun destes tres grupos (SOCIOS -membros da SCD Raxó, AAVV Raxó, Club de tenis Raxó ou CEIP de Espedregada-, CONCELLO DE POIO -persoas emproadas en Poio- ou NON CONCELLO DE POIO -persoas que non son de Poio-). As reservas son de balde en todos os casos.
As reservas estarán activas durante todo o ano e serán dunha hora e media (1h e 30 min).
Só podes ter unha reserva activa no mesmo día e dúas no futuro.
Cando fagas a túa reserva, indica o teu nome completo e o nome completo das persoas coas que vas xogar. As persoas que vaian empregar a pista deben levar o seu DNI para que se poida verificar os datos da reserva. Recibirás no teu email unha mensaxe de confirmación que será a garantía da reserva.
Non se permite que dúas ou máis persoas que xoguen entre si, collan dúas franxas no mesmo día. É moi importante ser respectuosos con dita norma para que todos e todas podades gozar do uso das pistas. É dicir, unha mesma persoa só pode usar a pista 1h e media por día (salvo que non haxa reservas).
Podes reservar unha das pistas cunha semana de antelación como máximo.
Hai un horario bloqueado (franxas vermellas) con preferencia para a SCD Raxó, AAVV Raxó, Club de tenis Raxó e CEIP de Espedregada. De luns a venres ese horario será de 19.30 a 00.00 e os sábados e domingos de 10.00 a 14.00. Podes facer unha reserva, pero se alguén destes colectivos solita xogar, se che enviará unha mensaxe (con tempo) indicando que a reserva queda anulada. Os membrxs con preferencia poden facer que a túa reserva quede anulada ata dúas horas antes.
Se por algunha circunstancia o CEIP de Espedregada precisa as instalacións para unha actividade escolar, calquera reserva sería anulada independetemente do horario.
O primeiro en facer a reserva de pista na aplicación elixirá cal quere empregar das dúas (cando coincidan dúas reservas no mesmo horario). En calquera caso, un partido oficial de liga sempre terá prioridade na escolla aínda que non sexa a primeira reserva. No horario de preferencia, ocorre o mesmo, os xogadores do colectivo SOCIOS tamén teñen preferencia sobre os demais aínda que non fora a primeira reserva.
Para anular unha reserva, entra no partido reservado e preme en borrar. De non facer anulación das reservas, o teu usuario poderá ser bloqueado.
Non está permitido facer unha reserva para outra actividade que non sexa a práctica do tenis, salvo o CEIP Espedregada en actividades escolares ou con autorización previa da SCD Raxó.