Clases particulares

CLASES PARTICULARES PARA ADULTOS

DESDE SETEMBRO DE 2022

A partir do 18 de setembro de 2022 comezamos co servizo de clases particulares para adultos. Ofértanse bonos de 4 e de 10 clases, tendo este último un desconto do 10%.

Os bonos non teñen que ser persoais. Por exemplo, unha parella ou un grupo de amigos poderían adquirir un bono de 10 e usalos como mellor consideren entre eles. Os bonos tampouco terán caducidade.

O horario será a convir co profesor, habendo posibilidade de ter clases tanto de mañá, como tarde ou noite.

Contacto: 654 912427 (Iván) / 644 713748 (Luis -monitor-) / 644707454 (móbil do club, só atende Whatsapp).


ESCOLA CLUB DE TENIS RAXÓ

TEMPADA 2022-2023 (OUTUBRO-MAIO)

A partir de outubro comeza a escola deportiva do club para nenos e nenas. Grupos cun mínimo de 4 persoas e máximo de 8 persoas. Grupos reducidos por nivel.

Posibilidade dunha hora ou dúas horas á semana. Sempre venres pola tarde e/ou sábado pola mañá.

Contacto: 654 912427 (Iván) / 644 713748 (Luis -monitor-) / 644707454 (móbil do club, só atende Whatsapp).